Saltar ao contido principal

 COAS ELECCIÓNS VENDEN QUE NA SANIDADE PÚBLICA XA SE ARRANXARON TODOS OS PROBLEMAS 🤯 AS MENTIRAS TEÑEN AS PATAS CURTAS. Datos de Marín👇🏽



👶🏻PEDIATRÍA MARÍN: Baixa da Dra. Verónica Varela, dende hai meses esquencidos sen substituír. Lembramos que @s pediatras atenden bebés e nen@s, que precisan controis e seguimentos pautados que non se solucionan indo por urxencias.


👩🏼‍⚕MEDICINA DE FAMILIA MARÍN: 

🔹Baixa Dr Bayón parchean a cobertura do cupo con prolongación de xornada doutro persoal.

🔹Baixa Dra Otero cubren o cupo uns días. 

🔹O Dr Pomares estivo de vacacións, volveu o mércores 24, non o cubriron. No seu cupo espera ata a segunda semana de xuño. Que pasará no verán cando vaian o resto? ✂️


🏥 PRAZA SEIXO Dr MARTÍN (xubilación xullo 21) De ter 2 facultativos FIXOS, a tempo completo, chegou a haber só 4horas de asistencia para 1 cupo no centro 📣Protestas veciñais> A finais de nov. do 21, parche de 2 DÍAS e non todas as semanas> Ao pouco, parche ao descuberto

📣Protestas veciñais> dende xaneiro do 23> Interina NON ADSCRITA a Seixo, polo tipo de contrato poden levala e deixar o cupo descuberto😤 Ademais mudaron o contrato para que non poida vir a Seixo ningún médic@ fix@ 🤬 Agora está cuberto o cupo, e no verán? E cando o Dr Galiano se xubile? 


🆘 Falamos das urxencias do PAC, sen médic@ día si día tamén? 

🗓Falamos de listas de espera? 

🔸para resultado dunha placa 🔸para consulta de fisioterapia, saúde mental ou matrona🔸e para especialistas do hospital ou operacións?


💸Falamos de privatizacións? 2 exempliños:

🔹Ambulancias precarias xestionadas aínda por unha empresa de Valencia. 

🔹Aparcamento do novo Montecelo de pago anunciado polo presidente da Xunta. Seguimos? 


🤝 Se non fora porque Plataforma e veciñ@s nos movemos a situación sería moito peor✂️Na Xunta seguen a negar os recortes e no goberno municipal fixeron o xordo pero agora queren anotar o tanto. 


📝 Rexistramos unha moción o 9 de maio para o último pleno antes das eleccións, porque os concellos novos constitúense o 17 de xuño 🏖 Advertimos que o verán está ás portas e a situación empeorará se non se cobre o persoal. Paralizárona. O verán non lles preocupa porque as eleccións son antes 📩


💓A nós impórtanos a nosa saúde e ter unha boa sanidade pública para coidarnos e seguiremos reclamando atención sanitaria digna pese a quen pese! porque 𝗖𝗢𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘 𝗫𝗢𝗚𝗔 💪🏽


https://www.facebook.com/100071180919855/posts/pfbid02S9DkbRCLZRyrMtKq37HYaMWVvKtKk3ggxPz5ZjPrE9qz5qBUiDDcGnHuciF6uXB1l/