Dende SOS SANIDADE PÚBLICA, facemos un chamamento a poboación para participar nas vindeiras eleccións municipais do 28 de Maio. Animamos a unha participación na que se teña moi presente que entre outras moitas cousas, hai que afortalar o polo das organizacións que teñen amosado unha clara defensa e mellora do SISTEMA SANITARIO PÚLBICO. Hai que apostar pola SAÚDE e refugar daqueles que nos queren instalar na DOENZA.
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."