Saltar ao contido principal

Avda do MAR RAFAEL PILLADO

       O Concello de Ferrol aprobou, no pleno ordinario do pasado día 27 de abril e por proposta de varias entidades da cidade, iniciar expediente de honras e distinción co obxecto de modificar o nome da Avenida do Mar do Barrio de Caranza no sentido de denominala: AVENIDA DO MAR RAFAEL PILLADO. Rafael Pillado Lista (Cervo, 1942-Ferrol, 2023), histórico sindicalista ferrolán era un referente na loita obreira en defensa das liberdades e do traballo digno. Foi un dos detidos, hai medio século, na manifestación de obreiros da factoría de Bazán do 10 de marzo de 1972, na que a policía franquista matou a tiros a dous do seus compañeiros, Amador Rey y Daniel Niebla. Directivo da Asociación Fuco Buxán e membro do Comité Cidadán de Emerxencia para la Ría de Ferrol, destapou a trama dos obreiros enfermos de asbestose nos estaleiros navais. Co obxecto de constatar os servizos, feitos ou actuacións que motiven o acordo plenario, cantas persoas ou entidades o desexen poden achegar por escrito ao expediente que se instrúe os datos, noticias ou xuízos que consideren oportunos e que servirán para constatar o merecemento da distinción: Prazo de información pública Do luns 15 de maio ao 2 de xuño, ambos inclusive (15 días hábiles). Presentación escritos • Correo electrónico: protocolo@ferrol.es • Rexistro Xeral (presencial). Ferrol, a data da sinatura. O Alcalde de Ferrol Ángel Mato Escalona