As eleccións municipais en Ferrol, a debate en 'Nós Diario'
Na recta final da carreira electoral, 'Nós Diario' achega unha serie de entrevistas aos principais candidatos e candidatas ás Alcaldías das cidades galegas para coñecer os seus programas e propostas de cara ao 28-M. Continuamos con Ferrol recollendo as opinións do candidato do Partido Popular, José Manuel Rei; o cabeza de lista do BNG, Iván Ribas, e o alcaldábel de Ferrol en Común, Jorge Suárez. Na data de publicación destas entrevistas, ‘Nós Diario’ non obtivo resposta do actual alcalde e candidato á reelección polo PSdeG, Ángel Mato.
https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/eleccions-municipais-ferrol-debate-nos-diario/20230522200640169316.html