ABR
Presentación de “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”
O mércores 26 de abril, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro Rostros da memoria. Ferrol 1972, de Xurxo Lobato, editado pola AC Fuco Buxán.
Este proxecto libro “ROSTROS DA MEMORIA FERROL 1972” é unha homenaxe as persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras en Ferrol e comarca, do ano 1972, que aínda están vivas e son merecentes dun recoñecemento público no ano do 50 aniversario dos asasinatos de Amador e Daniel.
É o momento de cumprir a débeda, que temos os que hoxe desfrutamos da liberdade, cos que por ela loitaron. A democracia ten unha deu da histórica con estes loitadores, eles foron os protagonistas que axudaron a rematar coa ditadura.
Estes 30 retratos son so unha pequena parte da xente represaliada no 1972, son os que podemos localizar e retratar. Ten un carácter simbólico que engloba os que naquel intre sufriron a represión. Os textos son de Lourenzo Fernandez Prieto, catedrático de historia da USC e da historiadora Anxela Loureiro.
Este libro e a continuidade de Rostros da Memoria que Xurxo Lobato amosou no ano 2007 con retratos dos represaliados polo franquismo, e recorreu os museos das cidades galegas.
Na presentación participaran ademais do autor, Susana Alaniz, presidenta de Fuco Buxán, e Manuel Rodríguez Carballeira (Lalan).
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: