Saltar ao contido principal

No 12 de abril Dia Mundial da Atención Primaria a Organización Mundial da Saúde

 No 12 de abril Dia Mundial da Atención Primaria a Organización Mundial da Saúde

reitera o dereito da poboación para gozar do máis alto nivel de saúde e que a atención primaria sexa a pedra angular de sistemas de saúde para que sexan sostibles, capaces de facer fronte aos problemas de saúde, garantir a asistencia sanitaria e o acceso universal á saúde da poboación.
A OMS fai un chamamento para que este día supoña unha oportunidade para reafirmar este dereito humano propoñendo unha serie de medidas para aplicar por todos os países do mundo:
• Promover iniciativas para fortalecer a AP e reflexionar sobre logros e vantaxes de Sanidade Pública, que mellorou a calidade de vida durante as últimas décadas
• Fortalecer e transformar os sistemas de saúde poñendo a AP como elemento central
• Comprometer á comunidade nas actividades do sistema sanitario
• Negociar os cambios necesarios entre autoridades, persoal sanitario e sociedade civil,
• Aplicar políticas multisectoriais de saúde
• Dar participación e capacidade de decisión á poboación no sistema sanitario
• Organizar os servizos de saúde de maneira integrada e centrados na atención primaria
• Renovar e potenciar os servizos de Saúde Pública.
Todas estas medidas forman parte das reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública e contan co respaldo de boa parte da poboación como se demostrou a Manifestación do 12 de febreiro na Praza do Obradoiro de mais de 50.000 persoas e no apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a AP que recolleu máis de 40.000 firmas.
Desgraciadamente a política sanitaria da Xunta de Galicia camiña en sentido contrario centrada en: Desmantelar a Atención Primaria; recortar orzamentos e persoal; poñer barreiras de acceso aos Centros de Saúde e PAC; abandonar a atención integral que combina a promoción, prevención e rehabilitación; someter a Atención Primaria ás Xerencias Hospitalarias; suprimir as áreas sanitarias que permitirían coordinar dos recursos sanitarios, socio-sanitarios e administracións locais; acabar coa participación social e profesional. En definitiva acabar coa Atención Primaria Publica para favorecer a privatización do sistema sanitario público e os seguros sanitarios.
A Atención Primaria Galega é aínda una das mellores do mundo, segundo as máis prestixiosos revistas sanitarias internacionais e a propia OMS, perdela supoñería un desastre de consecuencias incalculables para a saúde da poboación, para todo o sistema sanitario público e para o persoal sanitario. Ningún sistema, por forte que sexa, pode sobrevivir á falta de financiamento, de persoal e de mala organización e xestión.
É necesario incrementar o orzamento ata o 25% do total sanitario, recuperar e incrementar as plantillas de persoal, incorporar novas categorías profesionais aos equipos , mellorar a dotación e equipamento dos Centros de saúde e PAC, poñer a AP no eixo do sistema e recuperar o seu carácter participativo e Comunitario para garantir unha atención integral e actuar eficazmente sobre os determinantes da saúde.
Ata agora a resposta da Xunta de Galicia foi o silencio, o desdén. As únicas medidas adoptadas consistiron en pequenas melloras salariais para o persoal medico, suprimir acceso sen exame, ás prazas, suprimir a obrigatoriedade da dedicación exclusiva do persoal do sistema publico, e pequenos cambios no funcionamento da burocracia sanitaria.
Por iso desde a Plataforma SOS Sanidade Pública:
1. Propoñemos que o día 12 de abril Dia Mundial da Atención Primaria as Plataformas que poidan poñan carteis e realícen pequenas accións fronte aos centros de saúde que denuncien as carencias e os problemas específicos de cada localidade e facelos chegar aos medios de comunicación e redes sociais.
2. Convocamos a todas as Plataformas e organizacións a unha nova gran mobilización social e profesional con concentracións en cada localidade o próximo día 26 de abril en defensa da Atención Primaria Pública e en apoio á ILP