Saltar ao contido principal

Xaquin Campo Freire

 

Pois claro que estamos coa alma dolorida. Finou Rafael Pillado, o noso grandísimo referente ético e de coherencia e con autenticidade. Os Dereitos Humáns avanzaron contigo. E a Xustiza, a grande, a de verdade, ficará moito máis presente para todos. Por ela sufriches o martirio inmisericorde dos "satisfeitos, dos soberbios e dos instalados no poder, no ter e posuir, e no abuso contra todos os empobrecidos do mundo. Nunca ninguén poderá dicir de ti que fuches un dos aproveitados e corruptos. Soubeches mediar con forza e estado de ánimo na loita obreira, sindical, veciñal, cultural, etc. ... Vivías atento ás inxustizas. E alí te achantabas ti, e facías causa común cos oprimidos deste mundo. Inmensas grazas, amigo. Dixo o poeta Díaz Castro: "O mundo enteiro sería ben máis pobre sen ti". Temos un referente! E ademais tivemos a sorte de que saíu de entre nós, do pobo humilde: grazas aos teus pais e familia toda. Para eles a meirande consideración. Recordas o slogan: "Pillado o noso Deputado". Non nos debes nada.! Non soubemos daquela serche recoñecedores de tanta loita. Para ti foi unha sorte. A túa política estivo no corazón das crases humildes, na rúa, no taller, no mono azul, do que nunca te desclasaches nin te deixaches corromper por moito que o intentaron e che ofreceron. Exemplo de atenticidade, coherencia e honestidade. E nunca odiaches. Fuches sempre inmensamente LIBRE. Aguantabas ata o indecíbel sen claudicar das reivindicacións. Aí, na causa dos pobres eras forte coma un penedo: Non nos moverán! A meirande aperta e gratitude. Como o Alén é moi grande xa nos rencontraremos, Rafael. Segurmente teremos de loitar outro Convenio. Confiamos en ti. Xaquín Campo Freire.