Saltar ao contido principal

Rafael Pillado Lista

             

Xoan Rubia

mar, 21 feb, 10:53 (hace 2 días)
para 
Prezados amigos:
Sentín moito o pasamento de Rafael Pillado malia ter conciencia  que era algo anunciado, pero non por iso a triste nova deixa de ter ese impacto negativo no ánimo dalguén coma min que tivo a sorte de poder partillar con el conversas, todas moi significativas no que concirne a idea que el tiña de como caminar pola senda que nos levara a un mundo mellor, convencido que iso non podría ser posible sen a política, ferramenta esencial para acadar o cambio.
Pillado era un home necesario.
Engádome ao pesar de todos vos nestes intres posteriores á perda dun compañero e amigo.
Saúde e moita forza para seguir adiante.
Forte aperta.

Xoán