| dom, 29 ene, 12:23 (hace 3 días) | |||
Información sobre mobilización en Pontevedra, novas recollidas de firmase apoios municipais
Saudos
Manuel Martin
Voceiro SOS Sanidade Pública
Concentración multitudinaria en Pontevedra da Federación Veciños Castelao, apoyo mobilizacion do día 12
https://pontevedraviva.com/
Plataforma na Defensa do Centro de Saude de Seixo
1 MINUTO POLA SANIDADE PÚBLICA
ÚLTIMAS RECOLLIDAS DE SINATURAS HOXE, DOMINGO 2⃣9⃣ DE XANEIRO ESTAREMOS NA ALAMEDA (MARÍN) SE ESTÁS FART@ DE RECORTES, ACHÉGATE E ASINA, É SÓ 1 MINUTO
Se aínda non asinaches a ILP de todas as plataformas galegas en defensa da sanidade pública, hoxe podes facelo Estaremos na Alameda porque temos tregua de chuvas e hai que aproveitar o terraceo Alameda de Marín Domingo 29 de xaneiro A partir das 12:15h Achégate a asinar e se xa o fixeches ven saudarnos Seguimos porque 𝗖𝗢𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘
#centrodesaúdedeseixo #sanidadepública #Marín #oruralenloita #nonaosrecortes #Seixo #Ardán #OCampo #Santomé #SanXián #Cantodarea #Mogor #coanosasaúdenonsexoga #CentroSaúdeMarín
IMPORTANTEAS URXENCIAS DO PAC DE MARÍN SEN COBERTURA MÉDICA NESTE MOMENTO PERO TRANQUIL@S QUE O CONSELLEIRO E A ALCALDESA DIN QUE NON HAI RECORTES SE ELES NON OS PADECEN, SEICA NON EXISTEN ONTE, as urxencias do Pac de BUEU estaban sen médic@ e acumuláronse en Marín pacientes dos 2 concellos. HOXE, as urxencias do Pac de Marín son as que non teñen médic@ e é a nosa veciñanza a que ten que andar en peregrinaxe. As urxencias de Montecelo seguen saturadas e sen reforzo de persoal necesario. Pero para o Conselleiro, Comesaña, e a Alcaldesa, Ramallo, isto non debe ser deterioro da sanidade pública porque ambos negaron os recortes en declaracións públicas. Esta mesma semana o Conselleiro de Sanidade atacou no Parlamento ás veciñas e veciños das Plataformas, como a nosa, que sufrimos o deterioro da sanidade pública e as listas de espera. NON hai peor cego que o que non quere mirar. O domingo 12 de febreiro hai manifestación en Santiago de todas as Plataformas para defender a sanidade pública e iremos en autobús. Merecemos unha atención sanitaria digna. Seguimos, porque 𝗖𝗢𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘
Novas Fake News do Conselleiro de Sanidade para sembrar confusión
https://twitter.com/
Acordos municipais de apoio a Manifestación do 12 de febreiro
· Aprobouse a moción presentada polo BNG de apoio á mani do 12 de febreiro e á ILP de SOS Sanidade Pública no Pleno do Concello de Santiago. Votaron a favor BNG, PSOE, CA e o concelleiro non adscrito; o PP votou en contra.
· En Ferrol aprobouse unha Moción apoiada polo BNG, PSdG e FeC de poñer un autobus pra Manifestación do 12 de Febreiro
· En Naron aprobouse a moción de apoio a ILP e a manifestación do día 12 cos votos a favor do Psoe, Tega e Bng, en contra o PP.
· Moción en Gondomar, aprobada por todolos grupos salvo o PP que votou en contra
· Moción en Caldas presentada polo grupo municipal socialista en apoio da manifestacion do día 12
· A petición de A Voz da Sanidade, a Corporación Local de Cangas fixo no Pleno de onte unha declaración institucional de apoio á manifestación do 12 de febreiro en Santiago convocada por SOS Sanidade Pública de Galicia. “A Atención Primaria está alcanzando un punto de inflexión que pode ser irreversible se non se lle pon remedio urxente. Os concellos, somos a institución máis próxima aos problemas da poboación pois recibimos as queixas e demandas da veciñanza sobre as dificultades que teñen para recibir unha atención sanitaria digna nos centros de saúde. A falta de persoal médico e outros profesionais, xunto cos condicións de inestabilidade e precariedade laboral aos que están sometidos afecta a saúde da poboación. Polo tanto, solicitamos da Corporación Municipal o apoio á Manifestación Unitaria do 12 de febreiro en Santiago convocada por SOS Sanidade Pública de Galicia para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria así como facer un chamamento público a toda veciñanza a participar na Manifestación”.