Venres 27: Ofrenda floral a Amada García e os represaliados no Castelo de San Felipe
Recibidos
| mar, 24 ene, 19:34 (hace 21 horas) | |||
Esta A.C. Memoria Histórica Democrática, convida a cidadanía á Ofrenda floral que celebraremos no Castelo de San Felipe o vindeiro venres 27, en Memoria de Amada García e os seus sete compañeiros, asasinados en tal data de 1938, pola defensa da legalidade republicana, da liberdade e do progreso social.
Con eles lembramos tamén a todas ás vítimas da Ditadura.
Este acto, iniciado pola nosa Asociación no 2010, converteuse en Institucional do Concello de Ferrol entre 2017 e 2021, e agora retomamos a súa organización.
Rematada a ofrenda en San Felipe acompañaremos á familia de Amada - como fixemos sempre - ao Cemiterio de Serantes onde está soterrada xunto ao seu fillo Gabriel e tantas dúcias de asasinados pola Ditadura franquista.
A mugardesa Amada García, de 28 anos, militante destacada do PCE, foi xulgada con outros 7 compañeiros, nunha farsa de Consello de Guerra, e executada, con eles, 3 meses despóis de ter o seu segundo fillo