RESUMO DO ACTA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA DO 13 XANEIRO 2023:
ASISTENTES: voceiro de SOS Nacional, voceirxs das Plataformas de: Barbanza, Condado-Paradanta, Sanxenxp, Val miñor, O Seixo, Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vigo, A Mariña, A Voz da Sanidade de Cangas, O Salnés; Dereito a Morrer Dignamente. Movemento Galego de Saúde Mental. Isa-Fixing; Asociación de Epilépticos de A Coruña; BNG. PCG. Podemos. Rexurdir Podemos. CIG. CCOO. UXT. AGDSP. (Olga…?).
Excusan presencia: Pediatras e Matronas xá!
ACORDOS:
1º. Comezar a recollida dos pregos con firmas para a ILP. A data tope de recollida é ata final de xaneiro 2023.
2º. Enviar os pregos completados e asinados polos fedatarixs, por correo postal ou por entrega persoal, a sede do Sindicato CIG en Santiago: Rua Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, 10, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña (atención de Ana Leston).
3º. Manter as recollidas de sinaturas e as mobilizacións locais contra o desmantelamento da AP e da Sanidade Pública en Galicia.
4º. Pagar os pregos á imprenta (690 euros): o farán BNG, PSOE, Podemos, PCG, CIG, CCOO, UXT e AGDSP (100 euros por organización).
5º. Celebrar entrevistas cos líderes e lideresas políticxs, para preparar a Manifestación do día 12 de febreiro: o día 17 ás 11,30 con Valentín Formoso (PSOE) na Rua do Pino, día 23 ás 10,30 non Parlamento con Ana Ponton BNG, día 19 ás 5 con Borja San Ramon (sede de Podemos de Santiago). Están por fixar reunións con outros grupos políticos.
6º. Celebrar reunións con Concellos e Deputacións das principais cidades galegas para solicitar que leven a Pleno mocións de apoio á Manifestación e financien pancartas informativas, cuñas publicitarias en radio e autobuses para desprazamento da poboación de cada localidade.
7º. Convocar unha rolda de prensa o día 20 de xaneiro para informar sobre o desenvolvemento da ILP e a convocatoria de manifestación do día 12 de febreiro no Centro Socio Cultural dás Fontiñas de Santiago ás 11,30. Avisar a ana lestón para que actualice o n.º de pliegos...
8º. Enviar cartas ás Xuntas de Persoal de toda Galicia solicitando o seu apoio á Manifestación do día 12. Facer o mesmo coas organizacións profesionais de Atención Primaria coas que colaboramos no Consello Técnico de AP de Galicia. Seguir ca actualización da WEB da Plataforma: isa e Manuel martín.
9º. Convocar unha nova xuntanza telemática (con mellor sistema si é posible...) da Plataforma o martes 31 de xaneiro ás 17 horas.
Loxística da manifestación: Permiso a subdelegación: CIG. Intervintes: Isabel Risco (confirmou xa a súa presenza: Xosé M.ª Dios). Lectura do manifesto: pendente (falado con AldaoLado: dúo de poetas e pendente de resposta por mirar as súas datas de actuación). Grupo de Gaitas: polo menos un (si foran máis perfecto): Maira do Condado-Paradanta.
Queda pendente para a seguinte xuntanza a colocación das pancartas das entidades en orden (ide propoñendo o sistema para non ter que discutilo na xuntanza do 31…).
Voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.