Plataforma SOS Sanidade Pública de Ferrolterra continúa coa recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular
: Fortalezamos a Atención Primaria. O vindeiro Venres 27 de Xaneiro estaràn recollendo sinaturas a partires das
10:00 diante do Ambulatorio Fontela Maristany en Ferrol e do Centro de Saúde de Caranza. Dende SOS Sanidade
Pública de Ferrolterra facemos un chamanento a cidadanía a seguir loitando por unha Sanidade Pública Universal e
de Calidade como un dereito de tod@s nós, a asinar esta Iniciativa Lexislativa Popular e a acudir a Manifestación do
vindeiro 12 de Febreiro con saída as 12:00 horas da Alameda convocada pola nosa Plataforma SOS Sanidade
Pública Galicia pra denunciar o desmantelamento da Atención Primaria e polas políticas de recortes e privatizacións
do goberno da Xunta de Galicia do PP pra beneficiar a Sanidade Privada a costa de deteriorar a Sanidade Pública