Saltar ao contido principal

CARTA A ENTIDADES DE SOS SANIDADE PÚBLICA GALICIA


 Ola a todxs:

Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, mandamos esta carta a todalas Entidades relacionadas ca Sanidade en Galicia, para apoiar a ILP e acudir (e difundir) a convocatoria da manifestación do 12 de febreiro, as 12 h, dende a Alameda de Compostela ata a Praza do Obradoiro.
Así mesmo, quedades convocadxs á seguinte xuntanza da Plataforma o día 31 de xaneiro do 2023, as 17 h. e de forma telemática. Mandaremos o enlace previamente.
Grazas a todxs e un saúdo