Saltar ao contido principal

Nota SOS Sanidade denunciando Fake News Conselleiro Sanidade

 Nota SOS Sanidade denunciando Fake News Conselleiro Sanidade

Recibidos

manuel martin

12:22 (hace 8 horas)
para bcc: 

Diante as declaracións do Conselleiro de Sanidade que atribúe ao BNG a convocatoria da Manifestación promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública para salvar a Atención Primaria e a sanidade Publica galega o día 12 de febreiro na Praza do Obradoiro , e acusa á Plataforma de ser un apéndice do Goberno Bipartito (PSOE e BNG), desde SOS Sanidade Pública queremos comunicar que:

1.- Denunciamos esta información como unha Fake News do Goberno galego destinada a crear confusión na opinión pública e profesional, que mostra a gran preocupación da Xunta pola mobilización social contra da política de destrución da Atención Primariua e do Sistema Sanitario Público en Galicia.

2.- A convocatoria da Manifestación foi acordada de maneira unitaria  pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia que agrupa máis de 30 Plataformas Locais, e 44 organizacións que inclúen organizacións sociais, veciñais, de pacientes e profesionais; ONGs, sindicatos (CIG, CCOO, UGT) e partidos PSOE, BNG, Podemos, EU, mareas locais, etc.

3.- A Plataforma é unha alianza social e profesional, de carácter apartidario, que leva anos defendendo a Sanidade Pública Galega fronte á política de desmantelamento e privatización da Xunta de Galicia, gobernada polo  Partido Popular,  e propoñendo medidas para o seu fortalecemento e mellora.

4.- A Manifestación do día 12 de febreiro, convocada por SOS Sanidade Pública apoia a Iniciativa Lexislativa Popular, da que levemos recollidas miles de firmas, para que o Parlamento de Galicia debata e aprobe un conxunto de medidas destinadas a frear o desmantelamento da Atención Primaria na nosa Comunidade Autónoma e abrir o camiño da súa recuperación.

Manuel Martin Garcia 

Voceiro SOS Sanidade Publica