CONCURSO DE DEBUXOS "A NOSA VIDA SEN PERSOAL SANITARIO"
PARTICIPA, A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA TEN PREMIO 

A Plataforma convoca o concurso de debuxos “A nosa vida sen persoal sanitario” destinado a menores de 12 anos.

A temática está relacionada coa sanidade pública e o dereito de todas as persoas á saúde e deberán plasmar nun debuxo como sería a súa vida e/ou a de familiares se non houbese persoal sanitario (persoal médico,

pediátrico,

de enfermería,

de saúde mental, de ambulancias

etc) para atendelos, tanto nos centros de saúde como nos hospitais. Unha situación que non é difícil de imaxinar e que afecta directamente a moitas familias.

Haberá 3 categorías: de 3 a 5 anos, de 6 a 8 e de 9 a 12 anos e o prazo remata o venres


de xaneiro de 2023.

Coma sempre, dálle a gústame

e comparte para que chegue a máis xente! Xunt@s somos máis fortes!
OLLO A ISTO

MÉDIC@S DE MONTECELO DENUNCIAN GRAVE SITUACIÓN DAS URXENCIAS, POR NON HABER MÉDIC@S EN MOITOS PAC E NON CONTRATAR REFORZOS

OS RECORTES DA XUNTA TEÑEN CONSECUENCIAS


Hoxe, NON hai persoal médico nas urxencias dos Pac da Parda, O Grove, Caldas de Reis e Baltar (só hai persoal de enfermería) e a maioría das urxencias acaban no hospital.

Estes médic@s de Montecelo explican que non teñen reforzo de persoal (e que é habitual) e como teñen que atender máis xente, o tempo de espera é maior para @s pacientes e familias

Dada a situación priorizan pacientes atendendo a criterios de gravidade (avalados pola triaxe Manchester)


É por iso que informan aos pacientes para que saiban que a espera ten a súa causa na "actual precaria situación extrahospitalaria"

Chaman á comprensión e facilitan a quen o desexe follas de reclamación


Esta situación súfrena veciñ@s do noso concello, día si e día tamén, cando non hai médic@ nas urxencias de Marín ou cando o hai e teñen que acabar en Montecelo. Aféctanos a tod@s


Por iso mandamos o noso apoio e ánimo ao persoal sanitario de Urxencias do Hospital Montecelo e nomeadamente aos médic@s que asinaron o escrito para que todo o mundo se entere da situación... porque 𝗖𝗢𝗔 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘 𝗫𝗢𝗚𝗔