LEMBRANDO A XAIME QUESSADA
Hoxe, no 15 aniversario do seu falecemento, o Concello de Ferrol lembrou ao pintor e escultor Xaime Quessada Porto cunha ofrenda floral na árbore que desde 2017 leva o seu nome, en Caranza, Ferrol.
Xaime Quessada comprometeu a súa vida e a súa arte coas causas sociais e ten en Ferrol varias obras dedicadas as nosas loitas e tamén aos sucesos do Dez de Marzo do 72, dos que neste ano conmemoramos o 50 Aniversario.