PRESENTACIÓN LIBRO CENTRO SOCIAL DE SANTA MARIÑA.
Dentro dos actos conmemorativos do 50º Aniversario do Dez de Marzo do 72 “Día da Clase Obreira Galega” presentouse onte, no C.C. Carvalho Calero, de Ferrol, o libro “Centro Social de Santa Mariña. Unha vítima do franquismo” de Ánxela Loureiro, escritora e profesora.
Libro que narra, con profusión de fotos e documentos, a historia daquel Centro e a súa contribución importante a loita pola democracia e de defensa da cultura para toda a cidadanía.
O acto foi conducido pola periodista Patricia Hermida e interviron a autora e o profesor e escritor José Torregrosa, directivo daquela entidade e represaliado no 72 por aquelas actividades.
Desde as A.C. Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, organizadoras do acto e promotoras da publicación, agradecemos o seu apoio a todas as persoas asistentes, moitas delas protagonistas daquela efeméride e vítimas da posterior represión, así como á A.VV. Ensanche A, as súas atencións.
As persoas interesadas no libro, poden contactar co teléfono 604021922.
A continuación do acto celebrouse unha concurrida e entrañable cea de confraternidade.