Nota prensa SOS Sanidade Pública
| vie, 18 nov, 13:35 (hace 2 días) | |||
NOTA DE PRENSA
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia quere chamar á cidadanía a participar nas mobilizacións, convocadas o 30 de novembro, para salvar e fortalecer a Atención Primaria e a todo o Sistema Sanitario Público Galego, ameazado polas políticas de recortes e desmantelamento da Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade.
As mobilizacións realizaranse en distintas localidades, organizadas polas plataformas Locais, e terán como obxectivo por en valor a Iniciativa Lexislativa Popular que ten en marcha SOS Sanidade Pública, que demostra que outra Atención Primaria é posible.
A poboación sofre importantes trabas e limitacións para acceder e ser atendida nos Centros de Saúde, PAC e Servizos de Pediatría de Atención Primaria; soporta listas de espera de días ou semanas e consultas masificadas; o peche de PAC e centros de saúde rurais; a perda da promoción, prevención, promoción, rehabilitación e atención ás enfermidades crónicas; e o abandono da participación comunitaria.
Mentres o persoal dos centros de saúde e PAC esta sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral e a unha enorme presión asistencial por falta de recursos.
Por todo iso desde SOS Sanidade Pública convocamos á cidadanía a que demostre o seu rexeitamento ao desmantelamento do Sistema Sanitario Público e en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular na que propoñemos que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas necesarias para por en valor a nosa Atención Primaria
Só a mobilización social, en alianza co persoal da sanidade pública, pode frear o deterioro da Atención Primaria.
Convocamos a toda a poboación e ao persoal da sanidade pública a mobilizarse o día 30 de Novembro en defensa da Atención Primaria e do Sistema Sanitario Público, acudindo ás mobilizacións convocadas polas Plataformas Locais.
Manuel Martin. Voceiro SOS Sanidade Pública