Manifesto Tipo para o dia 30 (a modificar, engadir ou cambiar por cada Plataforma
Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convocamos a toda a cidadanía a
mobilizarse para salvar e fortalecer a Atención Primaria e a todo o Sistema Sanitario
Público Gallego, seriamente ameazado polas política de recortes e desmantelamento da
Xunta de Galicia e a Conselleria de Sanidade.
A Poboación sofre importantes trabas e limitacións para:
Acceder e ser atendida de maneira presencial nos Centros de Saúde, PAC e
Servizos de Pediatría de Atención Primaria
Soporta listas de espera de días ou semanas e consultas masificadas
Estan a desaparecendo as consultas de pediatría
Moitos PAC están pechados al igual que moitos de saúde no rural
Boa parte dos Centros de Saude perderon as actividades de promoción,
prevención, promoción, rehabilitación, atención ás enfermidades crónica e os
programas da muller
O SERGAS acabou coa participación comunitaria.
O persoal dos centros esta sometido a condicións de inestabilidade e precariedade
laboral inaceptables e a unha enorme presión asistencial polo recorte de persoais e
falta de recursos.
Desde a Xunta de Galicia e a Conselleria de Sanidade non hai ningunha vontade de facer
fronte ao problema dado que para o 2023 orzamento sanitario apenas crece respecto a
este ano, especialmente o de Atención Primaria que paso do 13,4% ao 13,7% do gasto
sanitario total, tres miserables décimas para facer fronte á maior crise do sistema sanitario
desde que se creo. Con este incremento es imposible recuperar a normalidade nas
consultas de medicina familiar e os servizos de pediatría e os PAC pechados por falta de
persoal medico e dos outros profesionais necesarios para unha atención de calidade
Por todo iso desde SOS Sanidade Pública convocamos esta mobilización xeral de
rexeitamento ao desmantelamento da Atención Primaria Pública e en apoio da Iniciativa
Lexislativa Popular na que propoñemos que o Parlamento de Galicia debata e aprobe
unha serie de medidas necesarias para solucionar a situación.
E necesario acordou redobrar os esforzos para recoller firmas para a ILP, informar á
poboación do desastre da Atención Primaria e continuar convocando concentracións e
manifestacións en todas as localidades de Galicia.
Reivindicamos un Novo Modelo de Atención Primaria que responda as necesidades da
poboación, dotado dos recursos necesarios para atender os problemas e demandas de
saúde da poboación, baseado na promoción, prevención, participación social e traballo
comunitario.
As mobilizacións non van parar ata conseguir o obxectivo de salvar e fortalecer a nosa
Atención Primaria.
SOS Sanidade Pública convocara unha nova manifestación en Santiago a primeros do
mes de xaneiro
Soamente a alianza da poboación co persoal sanitario pode frear a deterioración do nivel
primario de asistencia e a precariedade do persoal.
Seguiremos convocando novas actuacións unitarias