9 de novembro , presentación libro " 10 de marzo: un conflicto del movimiento obrero gallego po la democracia"
Apunta na axenda. Mañá martes, a Casa das Palmeiras acollerá a presentación do libro “10 de marzo: un conflicto del movimiento obrero gallego por la democracia”. Será a partir das 19:00 horas, e presidido polo alcalde, Ángel Alvariño, o acto contará coas intervencións de Rafael Pillado, histórico sindicalista e político, co-fundador das CCOO e do PCG, e José Gómez Alén, catedrático e historiador, coordinador da publicación.
A presentación do libro, que promoven as asociacións culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, inclúese na programación dos actos conmemorativos do cincuenta aniversario dos sucesos de marzo de 1972 na cidade naval. Unha programación que precisamente traía o pasado mes ao noso municipio a exposición “Rostros da Memoria”, unha homenaxe aos seus protagonistas a través dos retratos asinados por Xurxo Lobato.
-
@Fuco Buxán Memoria Histórica Democrática