Saltar ao contido principal

SITUACIÓN CRÍTICA DA PEDIATRÍA EN GALICIA


 

Valoracion da situación critica da pediatra en Galicia
Saudos
Manuel Martin
Voceiro SOS Sanidade Pública 



Pediatras e Matronas Xa, Costa da Morte 

Aquí na costa da morte é unha práctica habitual, ou son atendidos por médicos de familia con cursos de puericultura ou directamente por médicos de familia a secas, a figura do pediatra aquí está prácticamente desterrada, non se fan moitos seguimentos de idade nin se dan as vacinas pautadas no seu debido tempo nin a bebés, e en moitos concellos xa se considera un luxo que che atendan o fill@

As nais e pais adoitan peregrinar polos centros de saúde mendigando atención e cando xa non queda máis remedio tirando de PAC (onde non hai pediatra), ou directamente as urxencias do hospital comarcal de Cee, donde tampouco soe haber pediatra (nas urxencias), salvo que lle cadre de garda  ou que sexa algo tan gravísimo que o fagan chamar 🤷🏻‍♀️🤦🏻‍♀️

Plataforma Sanxenxo
Aquí por desgracia está máis normalizado do que quixeramos de feito a veces ata se aplaude cando vas o Centro de Saúde e che atenden o fill@, e nós metemoslle moita caña a xente pero a xente xa ten asumidas dúas cousas:
- Que non imos volver a ter pediatras
- Que o millor é facer un seguro privado porque as crianzas son o primeiro

E para rematala a individua esta sae dicindo dende a xerencia da SERGAS que non pretendamos ter un pediatras por centro de saúde 🤷🏻‍♀️, canta falta de humildade e canto exceso de soberbia teñen os ricos de cuna 🤦🏻‍♀️

Nós xa nos movilizamos no 2.017 e conseguimos seguir tendo o servizo, pero moito me temo que agora vai ser máis complicado. O bo é que a xente desta zona están máis sensibilizada co tema da pediatría. Aquí xa non hai un pediatra por centro de saúde, haino nun dos dous que temos, e que atende parte dos concello limítrofes.

É o discurso do PP, o mesmo dixo o alcalde de Sanxenxo co tema dos médicos de familia, nun dos plenos. Traédenos médicos que os contratamos pero xa...

Plataformas Condado

Estivemos case 2 anos sen pediatra nin en Covelo, nin Mondariz, nin Mondariz Balneario, que tiñamos o servizo compartido para os 3 concellos distribuindo a xornada de 8 a 12 en Mondariz e de 12 a 15 en Covelo
Restableceuse o servizo no 2019 tal como estaba, co Covid pasou a atender so no concello de Mondariz ás cativas dos 3 concellos tendo que ser as familias as que se desprazan e a iso hai que sumarlle que non hai transporte público ningun, soamente un taxi en todo o concello de Covelo, e dende finais do 2021 atende en Mondariz en xornada completa todos os dias e en Covelo soamente ós xoves

Eu lembrome que levamos as crianzas as concentracions tanto en Cañiza como en Ponteareas e a Garda Civil coas metralletas na man diantr deles berrando "votaivos pa atras‼️", as de 1ª fila eran as crianzas.... vergoñento...

Plataforma Sanxenxo 
Nun principio, o Sr. Comesaña estará mañá no CS de Baltar a sacar peito da campaña de prevención do cancro de cérvix ( as probas realízannas as matronas, non si?)  Algún recado para o conselleiro?

Pediatras e Matronas Xa, Costa da Morte 
 Cal é a excusa para a falta de matronas.
- Vir quitar as fotos si pero as prazas sen cubrir
- Coa saúde das mulleres no  se xoga

Denuncian que 192 concellos de Galicia carecen de peditria 
Si este dato é real, e contando que en Galicia hai *313 concellos*, xa hai máis concellos sin pediatra que con pediatra.
Eso tamén llo había que espetar o Sr. Comesaña

Zona de los archivos adjuntos