Saltar ao contido principal

Rostros da Memoria 1972, no paseo de Neda

 


🗣 O alcalde, Ángel Alvariño, presidiu esta tarde no paseo marítimo de #Neda o acto de inauguración da exposición “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”. Xunto a el, o fotógrafo, académico e autor da exposición, Xurxo Lobato; a presidenta de Fuco Buxán, Susana Alaniz; o seu homólogo de Memoria Histórica Democrática, Manuel Fernández, e Raúl Pillado, un dos rostros protagonistas da mostra, así como numeroso público, que non quixeron perderse o acto. 📷😉A partir de agora, poderá visitarse, ata o 27 de outubro, nas inmediacións do Albergue de Peregrinos. Unha auténtica homenaxe ás persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras en Ferrol do ano 1972 a través de 28 retratos sobrios, austeros, sinceros.