Saltar ao contido principal

NOTA DE PRENSA MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA

                             

               NOTA DE PRENSA

Castelo de San Felipe: Os novos usos hosteleiros e o Centro de Interpretación da Memoria.
A Asociacón Cultural Memoria Histórica Democrática ante os novos usos e intervencións que o Concello de Ferrol prevé realizar no Castelo de San Felipe, manifesta ante a Alcaldía, o Grupo de Goberno e restantes Grupos Municipais o seguinte:
No Pleno do Concello de Ferrol, celebrado o 27 de abril de 2017, o Grupo Municipal do PS de G – PSOE presentou una Moción instando ao Goberno Local á creación dun Centro de Interpretación da Memoria Histórica na antiga cárcere do Castelo de San Felipe. Instalacións que só ocuparía unha celda e outra habitación na parte alta do Castelo e que serían gestionadas polo Concello.
Esta Moción ten a súa orixe no planteamento feito, no ano 2015, pola A.C. Memoria Histórica Democrática ao Concello de Ferrol, solicitando a creación deste Centro de Interpretación, non como mausoleo, senon como centro educativo e divulgativo baseado nos principios de Verdade, Xustiza e Reparación para os represaliados do fascismo, nun dos principales lugares onde esta represión se exerceu.
A Moción foi aprobada co voto de calidade do Alcalde, o apoio de Ferrol en Común, PS de G – PSOE e dúas concelleiras non adscritas, a abstención do BNG e o voto en contra do Partido Popular.
Desde entón vimos lembrando este Centro de Interpretación, en numerosas ocasións, tanto desde os nosos comunicados como a través dos medios ou en novas mocións, escritos, entrevistas con esa Corporación, constitución e xornadas de traballo da Mesa da ;emoria e incluso nunha reunión celebrada o pasado ano con outras Asociacións na Delegación do Goberno, onde o Secretario de Estado da Memoria Democrática calificou San Felipe como lugar emblemático da Memoria.
Parécenos ben ampliar os usos do Castelo en beneficio da cidadanía, respectando a súa historia, arquiterctura e as disposicións de Patrimonio, pero exisimos o cumplimento daquel acordo plenario de 2017 da instalación dun Centro Municipal de Interpretación da Memoria, tan imprescindible na coxuntura socio política actual, de todas e todos coñecida.

 
Compartido con: Público
Público
Puede ser una imagen de al aire libre