Saltar ao contido principal

Xuizo de Rafael Pillado contra Navantia. Notas das Asoc. AGAVIDA, FUCO BUXÁN e M.H.D.

 Xuizo de Rafael Pillado contra Navantia. Notas das Asoc. AGAVIDA, FUCO BUXÁN e M.H.D.

Recibidos

Memoria Histórica Democrática

mar, 20 sept, 20:45 (hace 15 horas)
para Asociación, bcc: 

Xuizo de Rafael Pillado contra Navantia. Notas das Asoc. AGAVIDA, FUCO BUXÁN e M.H.D.

FOTOS

https://drive.google.com/drive/folders/1diyY5HxuBL407HKm-0GBIQ_RvZxd9qMB?usp=sharing

 

A Asociación Galega das Vítimas do Amianto (AGAVIDA) e as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, agradecemos a cantas persoas, en resposta ao noso chamamento, concorreron hoxe aos Xulgados ou manifestaron o seu apoio, para arroupar ao compañeiro Rafael Pillado, na vista da súa demanda contra Navantia, por ter contraído a consecuencia do seu traballo nesa factoría un mesotelioma pulmonar, gravísima enfermidade producida polo uso do amianto, cando as empresas e o goberno coñecían xa a traxedia que se ía producir para tantos traballadores/as e o seu entorno.

Hoxe moitas persoas a título particular ou como membros do tecido asociativo da cidade e comarca, dos Sindicatos CIG, USTG e CGT e das Asociacións convocantes, concentrámonos diante dos Xulgados, ante a imposibilidade de entrar ao edificio, para solidarizarnos con Rafael Pillado pero tamén con todas as vítimas desta pandemia, asasina a sabiendas, que é o amianto. Polas que o padeceron, as que o sofren agora e as que se irán sumando, desgraciadamente, nun futuro próximo.

Agradecemos o esforzó do avogado Jesús Porta Dovalo, e dos Testigos e especialmente o acompañamento na sala de Cristina Almeida, a quen non lle foi permitido actuar como testemuña como estaba previsto, por considerar o Xuiz que non tiña trato habitual con Rafael Pillado.

Navantia, con desprezo absoluto para as vítimas ocasionadas polas súas condicións de traballo, non compareceu.

A demanda quedou vista para sentencia e as Asociacións convocantes, pola nosa convicción no Estado de Dereito, agardamos teña una resolución favorable á causa de Rafael Pillado, que foi sempre e seguirá sendo a causa da cidadanía e da Clase Obreira.

Grazas a todas e todos.



--
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol
Zona de los archivos adjuntos