Saltar ao contido principal

ROSTROS DA MEMORIA DE FERROL

                   ÁLBUM FOTOGRÁFICO: Rostros da Memoria Ferrol 1972, en Valdoviño.

10M72 50Aniversario 10m72.50aniversario@gmail.com

13:14 (hace 2 horas)
para 10M72, bcc: 
ÁLBUM:

O pasado xoves 15, no Paseo da Frouxeira de Valdoviño, quedou inaugurada a Exposición “ROSTROS DA MEMORIA FERROL 1972”, de Xurxo Lobato, realizada pola Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra coa colaboración das A.C. Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática. Mostra fotográfica que retrata a varias das personas portagonistas daquel Dez de Marzo que ainda nos acompañan, representando á totalidade dos implicados naqueles feitos que axudaron a facer posible a Democracia e deron lugar ao “Día da Clase Obreira Galega”.
Incorpora sendos textos da profesora e escritora Ánxela Loureiro e do Profesor da UDC Lourenzo Fernández.
Interviron no acto Sari Alabau, en representación das mulleres represaliadas no 72, Rafael Pillado, en nome das dúas Asociacións, Jéssica Sabín, concelleira de Cultura e o Alcalde de Valdoviño Alberto González Fernández.
A exposición poderase ver en Valdoviño ata o vindeiro 30 de setembro, rotando logo polos restantes Concellos da Mancomunidade.
Fotos de Bea Rascado, Andrés Santalla e Fer OM.

Visita o noso Facebook: