Saltar ao contido principal

OS GRANDES ESQUECIDOS

MIGUEL ANJO GONZÁLEZ 14 DE SEPTIEMBRE DE 2022, 00:00 Fai unhas semanas o presidente francés Enmanuel Macron, facía unhas declaracións nun momento de crise polo tema da guerra de Ucraína e pola terríbel ola de calor que sufriu ou está a sufrir Francia. Macron dixo: “Que se acababa a época da abundancia no pais galo” e comenzaba unha nova era, onde a xente tería que apertarse o que hai que apertar no seu día a día. Isto que anuncia o presidente francés, é transmisíbel aos demais países do planeta, entre eles o estado español. Mais este que esta a escribir faise unha pregunta: Para quen acabo a abundancia?. Con certeza estaremos de acordo o lector e máis eu, que para o presidente do Real Madrid vai ser que non. Estaremos de acordo tamén, que para Felipe Gonzalez ou Aznar tampouco, e podía seguir. Entón, para quen? Pois nin máis nin menos que para a clase traballadora. A clase que leva sempre as pulladas deste insán e inxusto sistema económico, que é o capitalismo. O capitalismo dedicouse sobre todo nos derradeiros 50 anos, acelerándose a seu caos depredador nos derradeiros 20-30, a esquilmar o planeta. Nom hai un lugar no planeta, en que non se colara o sistema económico, ben contaminando e deixando a súa porcallada, ben sacando os recursos de xeito totalmente depredativo, sen mirar si o ecosistema obxecto de desexo tiña mais valor, que os recursos que ali podían extraerse. Máis do que quería escribir neste artigo, é dos grandes esquecidos, xa non do mal chamado terceiro mundo (máis ben o nome sería o de “Os Expoliados”) senón nas nosas proprias cidades. Pasar unha noite no aeroporto Adolfo Suarez a verdade e que é impactante e calquera persoa con un mínimo grado de empatía, a verdade é que o “afunde”. Grazas que aquí en Ferrol non chegamos a ese grado de xente totalmente deixada da man de deus polo sistema. Xente con todo tipo de problemas, desde os psicobiolóxicos ata os psicosociais e nun gran porcentaxe ámbolos.