ÁLBUM FOTOS: Mesa Redonda, onte, Narón: "A Nova Canción Galega ao redor do 72"
| 17 sept 2022, 18:24 (hace 18 horas) | ![]() ![]() | ||
|
“A NOVA CANCIÓN GALEGA AO REDOR DO 72”
ÁLBUM FOTOGRÁFICO:
https://drive.google.com/
Onte en Narón, no Café Teatro do Pazo da Cultura, celebrouse a Mesa Redonda, co título do epígrafe, na que participaron: Julia Díaz Sixto, Presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Xoan Rubia Alejos, cantautor e un dos protagonistas da Nova Canción, Sheila Fernández Conde, historiadora e autora dun moi interesante traballo sobre A Canción Protesta Galega e Vicente Araguas Álvarez, cofundador de Voces Ceibes e autor, entre as súas moitas publicacións, dun libro co título daquel grupo.
O acto, enmarcado nas conmemoracións do 50º Aniversario do Dez de Marzo do 72, foi organizado polas Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática coa colaboración do Padroado de Cultura e o Concello de Narón, e abríuno, en nome da Alcaldesa, o Concelleiro de Cultura Guillermo Sánchez Fojo, e tras a proxección dun sinxelo vídeo fotográfico arroupado con algunas cancións daquel momento, transcorreron as moi interesantes intervencións dos ponentes e un pequeño coloquio, lembrando todo o que aquel mundo universitario, do traballo, dos medios de comunicación e da cultura supuxo na derrota da ditadura e na conquista das liberdades democráticas.
A Presidenta de Fuco Buxán, Susana Alaníz, en nome das dúas Asociacións, fixo entrega aos compoñentes da Mesa dun recordó deste 50º Aniversario.
Grazas a todas e todos, foi un pracer sacar leccións daquelas experiencias porque como dixo un dos participantes: A loita continúa….