Saltar ao contido principal

ÁLBUM FOTOS, Mesa Redonda: ALERTA AMIANTO. A Pandemia Silenciosa

 

10M72 50Aniversario 10m72.50aniversario@gmail.com

jue, 15 sept, 11:20 (hace 1 día)
para 10M72, bcc: 

Mesa Redonda “ALERTA AMIANTO. A PANDEMIA SILENCIOSA”

ÁLBUM FOTOGRÁFICO : https://drive.google.com/drive/folders/1cfV4ZchDLMZJe9mTtJ9ImHvu_WOysUo2?usp=sharing

 

Celebrámola esta tarde no Centro Cultural Carvalho Calero, organizada pola Asoc. Galega das Vítimas do Amianto (AGAVIDA), coa colaboración das Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática e A.VV. Ensanche “A”. Un evento incluido dentro das conmemoracións do 50º Aniversario do DEZ DE MARZO do 72, máis para as nosas Asociacións un Acto de especial relevancia para denunciar una vez máis como esta enfermedade profesional producida polo asbesto, usado deliberadamente cando empresas e Administración conocían sobradamente os seus mortíferos efectos, estase cebando coas vidas dos traballadores. Tamén con moitos dos protagonistas dos sucesos do 72 que agora conmemoramos.

Foron poñentes: Rafael Pillado, como afectado polo amianto y en representación das tres Asociacións organizadoras, Antón Losada, profesor da USC e analista político e Carlos Piñeiro, médico social experto nas afeccións causadas polo asbesto.

Participaron tamén en representación dos Sindicatos : Manuel Grandal (CIG), Xaquín García Sinde (CGT) e Celso Domínguez (USTG).

Lembrouse tamén a tantas mulleres vítimas desta enfermedade adquirida a través dos seus homes, e en representación delas a nosa querida compañeira Marichy Cuadrado.

Pechouse a mesa redonda coa entrega dun detalle de recordó aos participantes e con a convocatoria  a asistir ao próximo Xuizo pola asbestose, o correspondente ao noso compañeiro Rafael Pillado, o vindeiro día 20, nos Xulgados de Ferrol ás 11,30 horas.




Visita o noso Facebook: