.png)

A XUNTA AMEAZA CON PECHAR MÁIS CENTROS DE SAÚDE AO DEIXALOS SEN MÉDIC@ COMO PALMEIRA (RIBEIRA) E RAXÓ (POIO) E DEIXA OUTROS SEN CASE ATENCIÓN COMO CERDEDO


️Moitos centros xa os pecharon coa escusa da pandemia como Taragoña (Rianxo), Cabo de Cruz (Boiro) Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) Paradela (Meis) Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)... e agora van a polo resto

Onte houbo concentracións en Cerdedo (déixanlle só 7 días de médic@ en xullo) e Raxó (contra o peche do centro), xa houbo en Palmeira e seguirán.

Hai un ano tentaron pechar o noso centro, pero non o conseguiron polas protestas veciñais. Seguimos alerta

Todo o noso apoio á veciñanza que en diferentes lugares se move para recuperar a atención primaria que tiñamos... 𝗔𝗦 𝗣𝗘𝗥𝗦𝗢𝗔𝗦 𝗗𝗢 𝗥𝗨𝗥𝗔𝗟 𝗧𝗔𝗠𝗘́𝗡 𝗧𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗗𝗘𝗥𝗘𝗜𝗧𝗢𝗦 #COANOSASAÚDENONSEXOGA