Saltar ao contido principal

ADEGA-Organizacion organizacion@adega.gal -

 [eolicaasinon] ACORDOS última xuntanza plataforma Morrazo 29/06/2022

Recibidos

ADEGA-Organizacion organizacion@adega.gal a través de lists.riseup.net 

jue, 7 jul, 17:04 (hace 22 horas)
para tonionogueiraeolicaasinon

Saúdos! Grazas á Plataforma Eólicos No Morrazo Non polas vosas achegas e suxestións claras e concretas. 

A seguir!

Aperta. Belén

El 04-07-2022 21:02, "&-ToNIO NoGUeIRA" escribió:

Dende a Plataforma Eólicos No Morrazo NON, queremos transmitir a Cordinadora Nacional Eólica Así NON os seguintes acordos e propostas para o debate:

Tamén valoramos a manifestación nacional do 5 de xunho como un éxito rotundo, e o máis importante, cun potencial de seguir medrando, e ficamos muito contentos de poder aportar o noso gran de area a construción do movemento antidepredación galego. Partilhamos as críticas constructivas, de facer un acto de peche - manifesto máis breve, e intentar que non volva a falhar o equipo de son. E a maiores, aceptando o calendario anual de manifestación nacional o 5 de xunho, Congreso Nacional en outubro (data por determinar), e movilización comarcal o 11 de decembro, facemos as seguintes propostas a debater na vindeira xuntanza da Cordenadora Nacional:

- Elaborar e partilhar os cartaces e materias de difusión co maior tempo posible, para que de máis tempo a realizar a difusión nas comarcas e parroquias do país (mínimo con 1 mes de antelación).

- Consideramos que o trabalho de organizar autobuses é a milhor opción para favorecer a máxima mobilización a Compostela. Dende o Morrazo fletamos 3 buses no pasado 5 de xunho, pagados respectivamente polos concellos de Cangas, Moaña e Bueu. Máis o trabalho da atención telefónica e organización foi realizada por 4 persoas voluntarias da PLataforma, e cun apoio mui grande de mobilización das CM da comarca. Créemos que se debe facer unha valoración deste método pra intentar potencialo en todo o país, por ser un medio de transporte socializador, ecolóxico e económico para todas as persoas. BUscando que alomenos se flete un autobús por cada comarca, e buscando preferentemente que sexa financiado polos concellos. E se os concelhos da comarca se negan a pagalo, despois de denuncialos públicamente, buscar unha co-financiación a 3 bandas, colectivos grandes nacionais, colectivos comarcais, e usuarios do bus (pode saír a 2 euros persoa por exemplo).

- Proponhemos pensar na praza da Quintana como unha opción ao remate da manifa (milhor abarrotar unha praza, que deixar hocos noutra).

- E a manifa ten que saír puntual, entra as 12-12:10, as plataformas e colectivos comarcais deberíamos ser conscientes disto.

- Calquera petición de axuda e colaboración para o servizo de orde e gastos derivados da manifestación, que se nos faga chegar. Tanto da que xa foi, como das que están por vir.
 
- E por último, APOIAMOS TOTALMENTE á Coordinadora Nacional Eólica Así NON, e créemos que se esta e estamos a facer un gran trabalho social e en defensa da Terra, contra un poder especulativo mui grande. Consideramos que dende as diferentes plataformas comarcais e dende a Cordinadora Nacional, se están a seguir linhas éxitosas de trabalho pedagóxico e de mobilziación. SIGAMOS !! E dende a PLataforma do Morrazo, dicir que as súas 2 persoas representantes, ofrécense voluntarias para intentar botar unha man e asistir sempre que se poida e faga falta, ás reunións da Cordinadora Nacional, con institucións e outros colectivos nacionais.

Saúde e Terra