A A.C. FUCO BUXÁN convídate á presentación do libro EL EJÉRCITO DE VOX polo seu autor Luis
Gonzalo Segura. Luis Gonzalo Segura, exteniente do Exército de Terra español, deu un “Paso al frente”
no ano 2014 para denunciar aquelo habitual no mundo militar pero descoñecido para a maioría da
cidadanía (corrupción, abusos e privilexios anacrónicos). A súa denuncia pública custoulle meses de
encerro nun centro disciplinario, unha intensa campaña de desprestixio e -finalmente- a expulsión das
FF.AA. Colabora en diferentes medios de comunicación i é autor das novelas “Un paso al frente” (2014) e
“Código rojo” (2015), e tamén dos ensaios “El libro negro del Ejército español” (2017), “En la guarida de
la bestia” (2019) i “El Ejército de Vox” (2020). As últimas eleccións democráticas (abril/novembro 2019) confirmaron a presenza parlamentaria da extrema dereita e a relación clara, directa e irrefutable coas
FF.AA. polos resultados electorais de Vox en vivendas militares, bases e comandancias, emprazamentos
nos que a extrema dereita obtén resultados por riba doutros entornos. Políticos, periodistas, académicos
ou intelectuais non se enfrontaron a unha realidade que, dende a publicación deste libro, será imposible
negar. Xoves 12 de maio ás 19 h. no Centro Cívico de Canido - Ferrol