Saltar ao contido principal

PRESENATCIÓN DO LIBRO :LINGUÍSTICA SE ESCRIBE CON A


 A A. C. Fuco Buxán convídate ao seu vindeiro acto Presentación do libro “Linguística escreve-se com A" de Teresa Moure o xoves 07 de abril de 2022, ás 19 horas, no Centro Cívico de Canido. Contaremos coa profesora titular de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela, Teresa Moure, para falar da historia da lingüística con perspectiva de xénero xa que, como en outras disciplinas, os manuais da lingüística reproducen unha invisibilidade das mulleres neste eido. Neste libro atoparemos un exercicio de recoñecemento frente ao esquecemento das lingüistas, reflexionando sobre as causas da súa exclusión. Este recoñecemento supón narrar a historia da otredade ilustrando a participación das mulleres neste saber ou en relacionados como a tradución, a criptografía, a criptografía, a antropoloxía, a primatoloxía, a sociolingüística ou a filosofía da linguaxe que, ademáis, traían formulacións e procedementos diverxentes aos tradicionais. Teresa Moure é investigadora e docente en universais da linguaxe, ecoloxía lingüística e estudos de xénero. Paralelamente, desenvolveu unha faceta literaria como novelista, dramaturga, ensaísta e poeta en lingua galega. Varias das súas obras de creación foron traducidas ao español (Herba moura, A intervención ou Unha nai tan punk) así como a outras linguas. Con elas gañou diversos premios (Premio da Crítica de narrativa galega 2005, Rafael Dieste de Teatro e Premio María Casares de teatro en 2009 ou Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2005 e en 2012). En 2012 en Queer- emos un mundo novo xa abordaba os compromisos éticos dunha linguaxe inclusiva, un punto de arranque para agora revisar a historia das ideas lingüísticas en busca de voces. Agardamos a vosa presenza