Saltar ao contido principal

XOVES 10..."DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA"




 O vindeiro xoves 10, “Día da Clase Obreira Galega” comenmorando o 50º aniversario daquela data de 1972, as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, sumarémonos á Manifestación que convocada por CCOO, sairá da porta de Navantia (porta das áncoras), ás 11,30 h, para chegar ao Monumento do Dez de Marzo, onde terá lugar  a ofrenda floral, acto institucional do Concello de Ferrol.

Convidamos aos amigos e amigas, socias e socios a participar destes actos e vos recordamos que tamén estaremos nese punto recollendo firmas para o traslado do Monumento desde o emprazamento marxinal que agora ocupa ao verdadero lugar onde aquel suceso se produxo, a praza contigua que deberá levar o nome  de Praza do Dez de Marzo.