[23:03, 4/3/2022] Fer Ocampo: PRESENTACIÓN TRAILER OFICIAL 10 DE MARZO
Hoxe venres 4 DE MARZO e dentro dos actos do 50º Aniversario do Dez de Marzo, presentouse no Ateneo Ferrolán o trailer promocional do filme 10 DE MARZO, que aborda por primeira vez en formato de longametraxe documental os acontementos do 10 de Marzo de 1972 en Ferrol, os feitos máis icónicos da loita polas liberdades e os dereitos sociais no
noso país no tramo final do franquismo.
Oarticiparon na presentación odirector Roi Cagiao e o produtor executivo Emilio J. Fernández o Concellal de Cultura e representantes das Entidades patrocinadoras e participantes.
O filme narra, cronoloxicamente, dende a elección do xurado de empresa en 1972, a negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo e a repercusión internacional dos mesmos, así como o chamado “Proceso dos 23” no que os principais protagonistas foron xulgados tres anos máis tarde.
10 DE MARZO estará nas salas a finais deste e conta co patrocinio do Concello de Ferrol, o Sindicato Nacional de CCOO Galicia e Navantia, e coa participación de Fuco Buxán, Fundación 10 de Marzo, Federación de Pensionistas de CCOO de Galicia e Witland Centro Negocios.
www.galicia10demarzo.com
[23:18, 4/3/2022] Fer Ocampo: Intervención de Susana Alaniz, Presidenta da A.C. Fuco Buxán, entidade participante na edición do film 10 DE MARZO, hoxe, na presentación do Trailer Oficial.