Dez De Marzo Cincuenta Aniversario está con Memoria Histórica Democrática.
1t172465m 39og38oe7hmft · Compartido con: Público
Organizado pola Universidade de A Coruña, coa colaboración das A.C. Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, terá lugar a seguinte Mesa Redonda:
Mércores 9 de Marzo, ás 19 h.
“1972-2022, 50º Aniversario das Mobilizacións Operarias (e Sucesos) de Ferrol”
Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Traballo.
Campus de Esteiro. Ferrol
Entrada libre ata completar aforo.
Un interesante debate sobre aqueles sucesos do 72, nos que os traballadores de BAZÁN e parte da cidadanía, loitando polas melloras laboráis e por conseguir os dereitos democráticos e rematar coa Ditadura, sufriron a represión policial, resultando asesinados Amador e Daniel, case un cento de feridos e moitos con condenas de cárcere, torturas, detencións, multas, perda do traballo, exilio…
Intervirán:
María Jesús Movilla Fernández
Vicereitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
Profesor da UDC e Director da Cátedra de Memoria Histórica.
Eliseo Fernández Fernández
Documentalista e historiador.
José Gómez Alén
Catedrático de EE.MM. e historiador. Vpte. da Fundación Xaime Quesada Blanco.
Bernardo Máiz Vázquez
Doutor en Historia.
Testemuños (Represaliados do 10 de Marzo):
Rafael Pillado Lista
Cofundador das CCOO e do PCG.
Sari Albau Albors
Mestra e militante do PCG.
Alfonso Tellado Sande
Sindicalista.
Pecharase o Acto coa actuación dos gaiteiros:
- Roberto Rama Castroagudín
- Bernardo Máiz Bar.