Saltar ao contido principal

ENTREVISTA CO O BISPO MONDOÑEDO-FERROL


 ENTREVISTA CO O BISPO MONDOÑEDO-FERROL

O pasado xoves, Manuel Fernández Pita, Rafael Pillado, Beatriz Rascado e Víctor García Novás, representando ás Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, acompañados polo sacerdote e enfermeiro Xaquín Campo Freire, visitaron ao Bispo da diócese Mondoñedo-Ferrol, para comentarlle o programa de actos previsto na conmemoración do 50º Aniversario do Dez de Marzo do 72.

Falaron da participación daquela de determinados cregos que apoiaron as reivindicacións do movemento obreiro nas súas parroquias e que sofriron a represión policial e da propia Iglesia e da decisión de recoñecerlles neste ano de actividades o seu papel solidario daquelas datas, a través dunha mesa redonda, unha publicación e a proxección dun documental. 

Ofreceuse o Bispo a colaborar e participar, escribindo en prensa sobre o tema e anunciando a lectura dunha pastoral relativa a estes feitos, nas igrexas da súa demarcación, para o vindeiro Dez de Marzo.