Ola boa tarde estimada asociación amiga. Envíoche este correio para
comunicarche por se é do teu interese, que maña quinta feira as 19h
diante do Ed Xunta de Galicia en Ferrol (Pz Amada García), vai
desenvolverse unha concentración promovida pola plataforma en defensa do
transporte público da que ADEGA fai parte, para protestar polo deficit
nas liñas Ferrol-Coruña e tamén da comarca, desde que entrou a nova
compañia(MONBUS) co novo contrato, con todos os problemas que isto está
acarreando a todas as usuarias.
Sen máis recibe unha fonda aperta ecoloxista.
MIGUEL ANJO GONZÁLEZ GARCÍA (SECRETARIO ADEGA-FERROLTERRA).