ANTE EL FALECEMENTO DE MARICHY CUADRADO
Quen poderá dicir que xa non camiña entra nós esta gran muller, esta gran compañeira, esta gran
compañeira,esta gran nai, gran loitadora antifascista? A Asociación FUCO BUXÁN, en cuxa fundación participou, leva no seu espírito a semente xerminada dun traballo de anos desta figura destinada a facernos mellores, máis xustos, máis felices, coa súa incansábel dedicación e co seu esforzo. Comprometida con todas as causas nobres deste mundo, só pediunos a cambio a nosa esperanza, o noso optimismo militante, a nosa fe na vitoria final dos Pobos da Terra sobre o escurantismo e os explotadores neoliberais disfrazados de cordeiros. Para os que tanto a amamos e admiramos, Marichy Cuadrado era xa un anaco Historia e vai seguilo sendo. Non é hora das bágoas senón dun firme compromiso para que a súa pegada, a súa emocionante achega para o Progreso Humano, non sexan en balde. Querida Marichy, grazas e ate sempre. Ferrol 14 de xaneiro de 2022 Nota.- Tanatorio San Lorenzo, Sala 7,entierro mañana 13 hs Cementerio de Catabois