Saltar ao contido principal

Rafael Pillado explicando ao alumnado do IES Becerrá


 O noso compañeiro Rafael Pillado, un dos protagonistas do Dez de Marzo do 72, cofundador das CCOO, veterano de tantas loitas solidarias, xubilado da Bazán e agora directivo da A.C. Fuco Buxán, estivo no IES Becerreá, explicando ao alumnado o que aquela data supuxo respecto da loita da Clase Obreira  organizada fronte a Ditadura en defensa da liberdade e dos dereitos laboráis e democráticos. Esta actividade de levar as novas xeneracións aqueles valores democráticos e de solidariedade  é unha das máis ilusionantes entorno a  conmemoración do próximo 50 aniversario do Dez de Marzo “Día da Clase Obreira Galega”