Saltar ao contido principal

“Pasaba por alí, e quedei un intre” de Xoán Rubia


 https://www.galiciaartabradigital.com/archivos/251789


Presentación do libro “Pasaba por alí, e quedei un intre” de Xoán Rubia en Afundación de Ferrol


O cantante mugardés Xoán Rubia presenta o seu libro “Pasaba por alí, e quedei un intre” no que fai un percorrido autobiográfico e histórico dunha xeración que a finais doa anos sesenta do pasado século protagonizou o movemento da Nova Canción Galega.

Neste libro, e da súa propia man, repásase unha vida a poñer voz, en lingua galega, a temas que todos coñecemos e temos cantado algunha vez. Como unha pintura, tamén dunha época apaixonante do noso país. A historia de alguén que pasaba por aquí e decidíu para a nosa sorte, quedar.

A presentación terá lugar este venres 17 de decembro ás 19:00 horas no salón de actos de Afundación de Ferrol e Xoán Rubia, estará acompañado por Tati Mancebo, directora comercial de Editorial Galaxia, Xavier Alcalá e Xulia Díaz.

Ó remate, o cantor mugardés, acompañado á guitarra por Daniel Adzemian ofrecerá unhas pinceladas musicais cos temas de Xoán Rubia. A entrada ó acto será libre ata completar aforo.