HACE 12 AÑOS
Emotiva estrea de "O segredo da Frouxeira"
http://www.osegredodafrouxeira.com/
Foi a de onte unha memorable xornada de encontros no Teatro Jofre,-aforo completo- cun protagonismo especial para as familias, pero tamén para os autores do documental “O Segredo dá Frouxeira” - Xosé Abad e a súa equipa - e para os que colaboraron en facelo realidade: a Asociación Memoria Democrática, a Fundación 10 de Marzo, a A.C. Fuco Buxán, o Concello de Ferrol, actores e figurantes, todos arroupados polo público ferrolán que acolleu con enorme interese este traballo de recuperación da memoria.
Un documental feito con rigor e alta calidade técnica e artística, cargado de testemuños sinceros e emotivos cuxa finalidade é recuperar a verdade e dar testemuño permanente da dignidade e o sacrificio dos seus protagonistas en aras da liberdade e a democracia.