https://www.facebook.com/MMMGaliza/posts/3192546394325099
Recibimos cunha enorme raiba e impotencia a noticia de que a nosa compañeira da Coordenadora Local de Vigo, Cristal Caride, sufriu onte unha agresión transfóbica.
A agresión tivo lugar nun establecemento hosteleiro e por parte dun home coñecido por ela. Cun achegamento violento recibiu agresións verbais e físicas a través de berros, insultos e un golpe coa man aberta na cabeza. Persoal do local expulsou ao agresor mas voltou ingresar ao lugar pra voltar encarala con violencia, todo isto con ameazadas e insultos misóxinos e tránsfobos.
Queremos en primeiro lugar amosarlle o noso cariño e o noso apoio a ela, compañeira de activismos, e o noso enérxico rexeitamento á violencia machista e tránsfoba que se está a sementar na nosa sociedade a través de permanentes descalificacións e debates agresivos que lonxe de permitirnos un sano intercambio de ideas constrúen un discurso de odio que volta golpear nas máis vulnerábeis.
O feminismo é a máis potente ferramenta de emancipación que temos as mulleres traballadoras para construír un mundo xusto no que vivir e ser libres, as violencias machistas, entre elas a tranfóbica, non ten lugar nos nosos debates nen nos nosos espazos. Sexamos firmes na defensa de todas as mulleres e denunciemos todas as violencias que nos atravesan.
Seguimos en Marcha, hoxe máis que nunca, até que todas vivamos libres de violencias.