Saltar ao contido principal

Luns 20 de decembro..Rolda de Prensa da Plataforma na Defensa dos Servicios Públicos

 Convocatoria de Rolda de Prensa da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalizacion.


Día: Luns 20 de decembro.

Hora: 11:30hs.

Lugar: Escaleiras exteriores diante do Pazo Municipal.

Asunto: A Plataforma convoca esta Rolda de Prensa, para dar conta da situación da xestión do sistema de saneamento e depuración da marxe norte da Ría de Ferrol, compartir análise e fixar a posición da mesma.


A encomenda de Augas de Galicia co Concello de Ferrol, remata 31 de decembro deste ano 2021. E polo que sabemos nom hai nin acordo, nin transparencia.


Hai uns días tivo lugar unha xuntanza de Augas de Galicia co Alcalde de Ferrol e a Alcaldesa de Narón. Augas de Galicia entregou un documento a Ángel Mato e Marian Ferreiro, que contén unha explicación da situación de partida e as tres alternativas de xestión do sistema de saneamento e depuración que contempla Augas de Galicia.  O goberno municipal de Ferrol, non llo facilitou aos grupos municipais e mesmo nas diferentes xuntanzas da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos,..., non se informou da citada xuntanza con Augas de Galicia e a Alcaldesa de Narón...


Agardando contar coa vosa presencia, despedimos-nos atentamente.



--



PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN

Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!

Pódese, débese e precísase!

Fernando Ramos | 622932443

Pablo Portero | 659855805

Bernardo Rego | 603772650

Lupe Ces | 652201003

Alexandre Carrodeguas | 690612737

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com


https://plataformaferrol.blogspot.com.es/