Que isto fose previsíbel non deixa de ser unha moi mala noticia
Despois de tantos anos de estar-mos loitando por unha Lei polo Dereito a unha Vivenda Digna e Adecuada que garanta o exercicio deste Dereito Fundamental, agora volvemos a perder esta oportunidade, ao ser rexeitada no Congreso dos Deputados.
"O Pleno rexeitou iniciar a tramitación da Proposición de Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada, por 57 votos a favor, 280 en contra e 98 abstenciones. A iniciativa, impulsada polos grupos parlamentarios Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, Republicano, Plural (Compromís, Junts per Catalunya, BNG e Máis País), Euskal Herria Bildu e Mixto, a través de nove títulos, introduce medidas para evitar desafiuzamentos de persoas en risco de exclusión e suscita que a ocupación de vivenda baleira de entidades financeiras non se aborde por procedemento penal, cando xa existe a vía civil. En relación aos préstamos hipotecarios, regula a dación en pago e modifica o procedemento de execución hipotecaria, no relativo ao control de cláusulas abusivas".
"Ademais, suscita a regulación do arrendamento de vivenda, coa posibilidade de actuar sobre áreas urbanas declaradas como de mercado de vivenda tensado, e regúlanse os alugueiros sociais e turísticos. Así mesmo, prohibe a venda do parque de vivenda pública e márcase un obxectivo de solidariedade urbana para que en 2050 o 20 % das vivendas cumpra políticas sociais".
https://www.congreso.es/notas-de-prensa?p_p_id=notasprensa&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&_notasprensa_mvcPath=detalle&_notasprensa_notaId=41109