Saltar ao contido principal

Encontro coas Entidades e Asociacións


  Onte Manuel Rodríguez Carballeira e Fernando Ocampo, en representación das Asociación Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática visitamos ao Secretario Xeral Comarcal de UGT. Presentámoslle o Manifesto Dez de Marzo, 50 Aniversario “Memoria e Dignidade”, comentámoslle os nosos proxectos  e temos que agradecerlle a súa disposición a colaborar puntualmente nas actividades que ao longo do 2022 levaremos a cabo para facer deste ano “da Clase Obreira Galega” una digna conmemoración.