Saltar ao contido principal

Encontro coas Alcaldías

 




O pasado lúns, Rafael Pillado Lista e Manuel Rodríguez Carballeira, directivos da A.C. Fuco Buxán e Manuel Fernández Pita, Presidente da A.C. Memoria Histórica Democrática, visitaron a Angel Mato Escalona, Alcalde de Ferrol, facéndolle entrega do Manifesto Dez de Marzo, “Memoria e Dignidade” e explicándolle toda una serie de iniciativas que estan preparando, co apoio de diversas Institucións, Entidades, Asociacións e numerosas persoas, para conmemorar con toda a relevancia que merece este 50º Aniversario do Día da Clase Obreira Galega. 
Non so para lembrar aqueles feitos, senon para que o espírito de solidariedade e de sacrificio da clase traballadora siga sendo, no presente, un instrumento para  conquerir un mundo de plena democracia, de liberdades e de progreso para toda a cidadanía.
O Alcalde veu moi positivo o noso plantexamento de que os actos se celebren ao longo de todo o 2022 e que abarquen todos os eidos da vida social e cultural.
Plantexamos a necesidade ineludible de trasladar o Monumento ao Dez de Marzo, desde o emplezamento marxinal que ocupa, a un lugar máis destacado da Praza contigua, para poñelo en valor, darlle o protagonismo que tal monumento a Clase Obreira Galega debe ter e sitúalo no espazo histórico onde tiveron lugar aqueles tráxicos sucesos.
Considerou interesante a proposta de situar elementos de difusión do 50 Aniversario en lugares adecuados, de forma permanente e anuncios dos actos puntuais e que a información do que se celebra sea de ampla difusión.
Deu facilidades para a disposición de locais onde se celebrarán as distintas actividades que proxectamos: teatro, conferencias, exposicións, mesas redondas, etcétera. 
Informamoslle da preparación en marcha dunha Unidade Didáctica sobre o Dez de Marzo, para entregar aos Centros de Ensino das Comarcas Ferrolterra-Eume-Ortegal.
Tamén previa proposta detallada o Concello asumirá, como organizador, coa nosa colaboración, a estrea absoluta da peza sinfónica “FERROL 1972” que o compositor e profesor Juan Durán, nun xesto digno de agradecemento, regala á Clase Obreira Galega, a esta Cidade e a sociedade enteira
Agradecemos ao Alcalde de Ferrol este primeiro encontró e a súa boa disposición para tratar estes temas tan trascendentes.