Saltar ao contido principal

'Pouco cambiamos. Diario de calquera adolescente' por S.F.Bellas

Esperto, sete da mañá, arrancamos. Ducha, roupa, almorzo, esperar a que acabe o de turno a sua taza para deixar recollido (o pobre debe de ser manco) ou eso parece. Arrancando, un día maís, e as mismas chorradas. Saíndo do portal os da obra de enfrente, que non deben de ter pernas e me recordan que eu sí as teño, cos comentarios "tan riquiños" como vomitivos.

Parada do autobús, repetimos escea, mirada de arriba abaixo, esta vez, a señora de todos os días que non debe cansar de verme, ao mellor está a prepar un catálogo de moda (non creo coa cara de noxo que mira). Mentres meu irmá lle resulta invisible a todo o mundo, pobre, como moito lle miran con pena a cara chea de canelas. Veña, subimos ao bus, comentario do señor buseiro: “a ver neniña, ten coidado, no che vaia rachar a falda ao subir o escalón”. Uy que... (mellor calo). 

Instituto, aquí empeza a feira de verdade, da igual o que poñas ou non, da igual, se non é por unha cousa será por outra, pero sempre terás algún alma caritativa que che recorde algo que por ser muller non deberías facer. “Unha palabrota”, ¡A quén se lle ocurre, menuda educación a das rapazas de hoxe en día! Claro como miña avoa non me ten contado as que gastaban nos seus tempos cantando con sorna. 

En fin, entrarei para clase con Sara, ela me entende, non lle importa como vista, si me pinto, se non píntome, se depílome, se non depílome… Ela e algúns compañeiros son persoas e entre nós mirámonos, como iso, como persoas. 

En fin..., clase de bioloxía, aparello reprodutor, cajiná, esto xa e coña, parece que de ovarios, útero, vaxina, só sabemos as mulleres, e de próstata (iso lle doe ao profe) uretra, pene solo saben os homes. Non se darán conta que levo anos véndolle o “pene”, “pito”, “ciruelo”, “polla” ao meu irmá dende… Se ata lle tiraba do prepucio para axudarlle coa fimose cando era pequeno no baño. Isto é subrealista. Deixa xa de poñer diapositivas e trae esos modelos que teñen os médicos que polo menos podemos manipular. Estoume cabreando, seino.

Saída do instituto, mais do mesmo, como é martes tocou comer alí, así que agora ao ximnasio a darlle ao saco. Non tedes idea do que me costou convencer aos meus pais de que unha cativa podía practicar boxeo. Penseí que ia caer o ceo enriba de todos, e non vos digo nada cando axudei a meu irmá a non ir a fútbol (odiaba ir). E que este mundo non entende de persoas, so de costumes impostas por outros. A ver se espabilamos e empezamos a darlle a volta. Por hoxe xa está ben de escribir, ademais os finais dos días xa os sabedes, ducha, cena, recoller, estudio e durmir. Un bico a todas.  

__________

Unha vez introducido o tema e, postos no lugar dunha rapaza, e sen obviar o dun rapaz (seu irmá), escrito a posta para chegar a onde quería, que é poñernos nunha situación fácilmente real, imos falar do que me trouxo ata "aquí", a celebración o dia 21 de Xuño do “Día internacional da educación non sexista”. Estiven lendo, non fai tanto que só algunhas o podían facer, sobre o tema. Persoalmente e dende a miña formación de Pedagoxia na especialidade de intervención socio-educativa, e tamén dende o meu criterio lóxico, non se está enfocando ben a problemátiva nin a solución á mesma. Obviamente dentro do marco formal da educación, nenos e nenas, rapaces e rapaces, han de recibir a mesma formación, e máis, penso que se debería incidir no coñecemento da sexualidade do outro, e tratarse dun xeito transversal no curriculum e na realidade das escolas e institutos. Claro que para elo sería preciso unha intervención de reciclaxe do profesorado en activo, e unha preparación dos futuros docentes, dotándo a todo o persoal educativo de ferramentas para o traballo. 

Foto de Markus Spiske en Pexels

Esto entraría dentro dos parametros do modelo coeducativo (co-: a unión), ou o que é o mesmo un modelo onde todos os elementos que interveñen no ensino se manteñan unidos e comunicados. E aquí entra a seguinte falla, en falar solo de educación no ámbito formal con respecto a temas como este. Quedámonos cortos, necesitamos unha intervención a nivel social, unha implicación das familias, trátase dun cambio no tecido social. Se o cambio só se produce nas escolas, estes nenos sairán de aí cunhas ideas claras e marabillosas que poderían mudar o mundo, pero tropezarán e se darán de hostias unha e outra vez cunha realidade social e familiar (en algún casos) coa que poida que non estean preparados para afrontar. 

Vale, poderedes pensar que me quedou un discurso negativo e derrotistas, pero mirádeo dende outra perspectiva, védeo como un discurso, realista, dunha avogada do diaño, que quere avisar das trabas para que non caigamos nelas, e poder chegar a bó porto.

EU QUERO UNHA EDUCACIÓN NON SEXISTA PARA TODOS E TODAS