Comenzamos o programa recordando o pasamento de Paloma Rodríguez Vazquez, sucedido esta semana…… Seguirás sempre moi presente con todas nós.
Este venres 19 de marzo, hai unha Acción Global polo Clima, en miles de lugares, pobos e cidades, terá lugar unha mobilización popular en defensa do planeta. O movemento internacional "Fridays for Future" convoca esta acción mundial, na Galiza son máis de 85 organizacións e colectivos os que conflúen no Movemento Galego polo Clíma, que convoca accións locais en cidades e vilas da nosa Terra.
Un modelo que precariza ás persoas e pon en situación de vulnerabilidade a gran parte da poboación mundial, especialmente ás mulleres, así como aos ecosistemas e o resto de seres vivos que habitan este planeta. Un modelo que arrisca a nosa supervivencia como especie, ao basearse na explotación ilimitada e acelerada dos recursos fósiles, mineiros e naturais, impactando de maneira inxusta nas poboacións máis pobres e vulnerables. Pero, nesta crise, a ciencia tamén sinalou a vía de actuación, que non é outra que a redución e descarbonización do noso sistema económico, especialmente nas sociedades industrializadas occidentais que temos máis responsabilidades e maiores capacidades. Un sistema económico que se paralizou ante a crise do coronavirus e que debemos reformularnos antes de reiniciar.
Lucía tamén nos recordou os pequeños feitos cotidiás que individualmente podemos facer, por exemplo nos tipos de envase que escollemos na compra diaria, o material de roupa que comparmos, o transporte que usamos. Fálanos das tres “R”, é decir recordarnos a responsabilidade que temos nas pequenas accións diarias e que o lema de esta ano e 'Non hai planeta B'.
Audios: Accion global polo clima
Fucas que participan en directo: Ana B. López Verez, Chelo Carballal Balsa.
Invitadas: Lucia Vizoso Amado e Cristina Sobrino López
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella (Nicola Piova); Gracias a la vida (Joan Baez e Mercedes Sosa); Mull Of The Kintyre (Paul McCartney &Wings); A Irmandade das estrelas (Carlos Nuñez),