Saltar ao contido principal

Homenaxe a Fernando Miramontes Vázquez

A A.C. FUCO BUXÁN súmase á iniciativa conxunta das AA. de Veciños de Canido, SDyR Canido, ASC Muíño do Vento, Asociación Acordeóns de Canido-Ferrol, Aspaneps, Voluntariado de Cáritas Santa Cruz, Asociación Dignidade Galicia, Colectivo OPAII - Radio FilispiM, Sociedade Galega de Historia Natural–Ferrol, Esquerda Unida, HOSCOMPRO e persoas a título particular, de solicitar ao Concello de Ferrol un espazo público para Fernando Miramontes Vázquez como recoñecemento á súa traxectoria política, social e persoal polo ben común.

Foto de Particia Hermida

Desde a A.C. FUCO BUXÁN consideramos esta homenaxe como un acto de xustiza e oportunidade para destacar que nos países onde os acenos de identidade democráticas están perfectamente normalizadas (Alemaña, Francia, Italia...) e sustentadas sobre a loita contra o fascismo e polas liberdades, os cidadáns que amplían os espazos de xustiza engrandeciendo a condición humana -como é o caso de Fernando Miramontes- teñen a consideración de heroes. A ditadura franquista supuxo a falta de liberdades, o secuestro da soberanía do pobo español e -sobre todo- un desposuamento da dignidade das persoas difícil de imaxinar hoxe. Así, é noso deber transmitir ás novas xeracións que a esperanza se xera mesmo nas circunstancias máis adversas; que sempre é posible dar un leito aos desexos de cambio e que a consistencia do noso compromiso serve á mellora do sistema de convivencia. Neste sentido, Fernando Miramontes será sempre un referente inescusable de coraxe, de dedicación máis aló do esixible e de talante democratizador. Ferrol ten unha gran débeda contraída neste proceso.

Por todo iso, desde a A.C. FUCO BUXÁN valoramos moi positivamente esta iniciativa que facemos tamén nosa. Felicitacións e un abrazo fraternal.