Saltar ao contido principal

Amnistía Internacional Santiago - Eu acollo. Inauguramos cidade : sábado 4 de marzo, 12h, Santiago de Compostela

Compartimos a invitación que nos chega dende o Grupo de Amnistía Internacional de Santiago para unha concentración o vindeiro sábado 4 de marzo:



Amigas e amigos:

Como sabedes, o Goberno de España comprometeuse a dar asilo a 17.337 persoas, das que apenas chegaron, á data de hoxe, 1.100.
 
A este ritmo, non cumpriremos co noso compromiso ata o ano 2025. Hai que resolver esta lamentable situación, e os concellos teñen moito que dicir.
A resposta do Concello de Santiago de Compostela é a de comprometerse a acoller dez familias de persoas refuxiadas.
 
Xa que logo, temos o pracer de vos convidar á inauguración de Santiago de Compostela como cidade acolledora, que terá lugar o vindeiro sábado 4 de marzo, ás 12.30 h diante do concello (Praza do Obradoiro).
 
Contaremos coa representación da totalidade da Corporación municipal (Goberno Municipal, Grupo Municipal do PP, Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e Grupo Municipal do BNG), apoiando á cidade que queremos, aberta, xenerosa e solidaria. Sensible cos problemas do mundo, repectuosa coas leis internacionais e comprometida cos dereitos humanos.
 
Por iso cremos moi importante contar coa representación da vosa organización de xeito que se visibilice que este compromiso abrangue o conxunto da cidadanía.
 
Agradecemos a difusión do acto á vosa rede de contactos e tamén confirmación de asistencia.
 
Quedamos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida ou cuestión que consideredes de interese.
 
Atentamente
 
Grupo de AI de Santiago de Compostela